lunes, 23 de noviembre de 2009

Slash


Falemos deste magnifico guitarrista actualmente integrante do grupo de hard rock Velvet Revolver pero que se consagrou no grupo americano Guns N' Roses. Para o meu gusto un dos mellores guitarristas da historia, está claro que será mellor considerado despois de morto (como lles pasa a todos e todas), pero inda asi case está mitificado nalguns aspectos [disculpade a miña fascinación].
Non so as suas cualidades coa guitarra chaman a atención del, ten un marcado estilo do rock dos 80's, unha enmarañada melena negra que case tapa o seu rostro, un sombreiro de copa calado ata os ollos, un pircing en forma de aro no nariz é o que é mais importate, a sua Gibson Les Paul.
Pero non podemos falar del sen escoitalo un pouco para darnos conta das suas dotes.



E por ultimo unha das mellores cancións de Guns N' Roses que seguramente lle valdra un dos primeiros postos nos mellores guitarristas da historia, "Sweet Child O' Mine" .


sábado, 21 de noviembre de 2009

Mais videos

Como parece que estou inspirado coas versión de grandes cancións (ou non tanto) vou seguir por este camiño, xa que é unha forma de ir poñendo algo no blog que mostre parte dos meus intereses.
E como non a música é un dos que mais me fascinan e mais tempo me ocupan, e por mor do meu incompentente talento musical o unico que me queda é escoitar, eso si, sempre boa música e sen apenas restriccións de estilos [esta claro que as Spice "Girls" non estan entre esa gran variedade (ben sabes de que falo xD)].
E para demostrar que a variedade e grande vou deixar un canción que escoite inda fai pouco e que non coñecia, pero que se en lugar de canción fora novela venderia un huevo! xD.

Como de costubre primeiro orixinal:



E logo a versión chamativa pero de gran calidade:

jueves, 19 de noviembre de 2009

Sigamos con boas versións!!

Pois é aqui outra version dun gran clasico, esta vez dunha canción de Judas Priest, feito por unha grandisima cantante alemana Doro Pesch (como non seguimos con versións de mulleres xD), ahora en solitario, pero foi cantante do grupo de heavy metal Warlock da cidade de Düsseldorf.

Pois a versión en cuestión e o mitico "Breaking The Law", asique para comparar as cancións, inda que son incomparables, o mellor será escoitar as duas. Comenzamos coa orixinal de Judas Priest.


E ahora cantada por Doro Pesch ...

martes, 17 de noviembre de 2009

Sympathy for the devil

Interesantisima versión do clasico dos Rolling Stones por parte de Natalie Merchant ( cantante de 10000 maniacs), moi boa versión en directo, que espero poder encontrar por ahí.
Recomendada polo gran Oldie de Rock&Gol.