jueves, 25 de marzo de 2010

San Pepe


Apenas unhas poucas horas para a celebración do mais grande patrón universitario de Galicia, e non señores, non esaxero, para mostra as imaxes e relatos do ano pasado, que inda moitos temos na memoria. Unha mostra para que o comprobedes : San Pepe.
Precisamente por esos recordos se nos fai máis dura a espera ata o gran día, e que son moitas as posibilidades que ofrece o patrón de informatica, dende deportes e xogos de consolas, ata o famoso xogo de pedra-papel-tixeira, pasando por un bingo multitudinario caldeado todo polas barras que xa abren as 10 da maña.
Pero como non pode faltar nunha boa festa o alcohol e a música está presente todo o dia, asique non tendes escusa para non ir.

lunes, 22 de marzo de 2010

Toxicity en violin

Impresionate este video dunhas rapaciñas, que tocando o violin electrico e a bateria son capaces de facer a canción de Toxicity de System of a Down.
Non ten desperdicio, gracias a Anxo por enseñarmo.

miércoles, 3 de marzo de 2010

Celda 211

Non fai nin unha semana que vin esta fantastica pelicula adaptada da novela de Francisco Pérez Gandul, e non me deixou para nada indiferente. O contrario, fixome ver que o cine español pode e debe facer cousas que merezcan a pena e que consigan enganchar o espectador.
Inda que despois entereime de que esta impresionante pelicula non foi candidata para mellor pelicula de fala non inglesa nos Oscars, resulta unha burla que non fose a elexida, tendo en conta as outras peliculas que se presentan.

A pelicula Celda 211 trata sobre un funcionario de prisións novato que sufre un incidente no seu primeiro dia, minutos antes de que se desate un motín, os seus compañeiros ante a o risco deixano desmaiado na celda 211, o despertar terase que facer pasar por un preso mais para intentar salvarse.
Unha emocionante pelicula na que se masca a tensión en todo momento.