miércoles, 23 de diciembre de 2009

Feliz Nadal!!!

Bueno xente pois o dito , Feliz Nadal e a pasalo todos moi ben. Boas Festas!!!
Deixovos un villancico moi rockero para que disfrutedes destas datas xD

domingo, 13 de diciembre de 2009

En directo!!

Habitualmente non asisto a actuacións de pequenos grupos en directo, mais que nada por descoñecemento e algo de vagancia, pero teño que recoñecer que non hai mellor forma de disfrutar da música que en directo.

Esto ultimo quedoume clarisimo despois de asistir a un par de actuacións de grupos locais que se dedican a versionar ou imitar clasicos (e non tanto) do rock, e solo teño unha palabra para describilo ... impresionante!!!! podeste fartar de escoitar o mesmo tema na casa, pero nunca teras esa sensacion que se vive en directo, unha especie de estremecemento que perdura por varias horas e que fai imposible que borres a sonrrisa de parvo da tua cara.

Asique para recordar ese momento tan grato, acabo con unha das cancións que mais me fixo vibrar

lunes, 23 de noviembre de 2009

Slash


Falemos deste magnifico guitarrista actualmente integrante do grupo de hard rock Velvet Revolver pero que se consagrou no grupo americano Guns N' Roses. Para o meu gusto un dos mellores guitarristas da historia, está claro que será mellor considerado despois de morto (como lles pasa a todos e todas), pero inda asi case está mitificado nalguns aspectos [disculpade a miña fascinación].
Non so as suas cualidades coa guitarra chaman a atención del, ten un marcado estilo do rock dos 80's, unha enmarañada melena negra que case tapa o seu rostro, un sombreiro de copa calado ata os ollos, un pircing en forma de aro no nariz é o que é mais importate, a sua Gibson Les Paul.
Pero non podemos falar del sen escoitalo un pouco para darnos conta das suas dotes.



E por ultimo unha das mellores cancións de Guns N' Roses que seguramente lle valdra un dos primeiros postos nos mellores guitarristas da historia, "Sweet Child O' Mine" .


sábado, 21 de noviembre de 2009

Mais videos

Como parece que estou inspirado coas versión de grandes cancións (ou non tanto) vou seguir por este camiño, xa que é unha forma de ir poñendo algo no blog que mostre parte dos meus intereses.
E como non a música é un dos que mais me fascinan e mais tempo me ocupan, e por mor do meu incompentente talento musical o unico que me queda é escoitar, eso si, sempre boa música e sen apenas restriccións de estilos [esta claro que as Spice "Girls" non estan entre esa gran variedade (ben sabes de que falo xD)].
E para demostrar que a variedade e grande vou deixar un canción que escoite inda fai pouco e que non coñecia, pero que se en lugar de canción fora novela venderia un huevo! xD.

Como de costubre primeiro orixinal:



E logo a versión chamativa pero de gran calidade:

jueves, 19 de noviembre de 2009

Sigamos con boas versións!!

Pois é aqui outra version dun gran clasico, esta vez dunha canción de Judas Priest, feito por unha grandisima cantante alemana Doro Pesch (como non seguimos con versións de mulleres xD), ahora en solitario, pero foi cantante do grupo de heavy metal Warlock da cidade de Düsseldorf.

Pois a versión en cuestión e o mitico "Breaking The Law", asique para comparar as cancións, inda que son incomparables, o mellor será escoitar as duas. Comenzamos coa orixinal de Judas Priest.


E ahora cantada por Doro Pesch ...

martes, 17 de noviembre de 2009

Sympathy for the devil

Interesantisima versión do clasico dos Rolling Stones por parte de Natalie Merchant ( cantante de 10000 maniacs), moi boa versión en directo, que espero poder encontrar por ahí.
Recomendada polo gran Oldie de Rock&Gol.

domingo, 25 de octubre de 2009

Free Bird


Espero non repetirme moito coa música, pero é un tema que me apasiona, en especial cando escoito cancións como a seguinte do impronunciable grupo americano Lynyrd Skynyrd, ou como sona mellor "Lener Skener". Unha autentica belleza xa dende o comenzo co piano, pero mellor inda son os minutos nos que os solos de guitarra predominan a canción. Pero vamos que mellor que falar dela é escoitala asique ...

Un apunte antes de que me olvide, Free Bird non é o unico himno deste grupazo, tamen hai que dicir deles que a tan coñecida canción de "Sweet Home Alabama " tamen e obra deles, creo que con esto dise todo, un grupo que fixo duas cancións consideras himnos estadounidenses.


sábado, 24 de octubre de 2009

Barón Rojo


Acabo de ver este video nun tuenti por ahí, non vou dicir cal jeje, pero sen duda a persona tiña moi bo gusto, e dedicala a esa persona tamen o vou poñer eu aqui. E se lle perece mal que llo copiara sintoo, pero Barón Rojo merece a pena, teñome que informar para ir a velos este verán, non vaian desaparecer antes de que os de visto en directo.


Pink Floyd

Uppss que despiste co blog!!, xa min caso lle facia, bueno haber se tirando mais para a música encontro bos temas de conversa.

Empecemos logo cun disco que me deixou impresionado cando chegou as miñas mans, falo dun disco de Pink Floyd pola Royal Philharmonic Orchestra, o cal conseguín despois de xurar e perxurar o pai dun amigo que iba tratar ben esta xoia. E a vedade non ten desperdicio, podese dicir del que é demasiado relaxado, incluso para o que é a música de Pink Floyd, pero sen duda é unha autentica obra de arte. Se non me creedes escoitade esta canción.




Unha maravillosa versión, capaz de amansar a calquera fiera, pero non é a unica, outra destas belezas é a Shine on you crazy diamond.



E para no abusar mais de youtube polo momento, a ultima Hey you



domingo, 11 de octubre de 2009

San Froilan 2009



Sen duda unha das mellores festas do ano, cunha asistencia impresionante onde case non se cabia en ningun lado, xa fora na rua, nos pubs ou incluso na orquesta. O tempo acompañou, cousa que dudabamos moitisimo indo de camiño, pero en xeral moi boa noite, sen frio, inda que con algun pequeno orballiño, pero pouca cousa.
Moi bo ambiente, xa dende o concerto gratuito de Amaral (o que me arrastraron a ir xD) , e ata o final da noite sen ningun incidente reseñable (non como outros anos).
Boisima festa!! San Froilan nunca defrauda. :P

lunes, 5 de octubre de 2009

Rock & Gol



Por fin!! xa deu comenzo a nova temporada de radio en Rock & Gol, hoxe comenzou de novo a emisión da nova programación nesta fantastica radio, da man do gran Oldie e do fantastico locutor pero algo mais novo Iván Guillen.
Non sei como serán os proximos dias, pero hoxe entre os dous van facer unhas 10 horiñas, de fantastica música e bos comentarios.

viernes, 2 de octubre de 2009

Segundo capitulo de Fringe

Vai cuns dias de retraso, pero me apetecia compartir esta fantastica serie. A primeira temporada deixoume enganchadisimo, esperemos que manteñan o nivel nesta, cousa que demomento esta sucedendo xD
Fringe 2ª x 02 en ingles e cos subtitulos.

martes, 29 de septiembre de 2009

Segundo capitulo de How I met your mother

Pois o dito o segundo capitulo desta fantastica serie, en inglés e cos sutitulos.
Enlace How I Met Your Mother 5x02 - Cita Doble

lunes, 28 de septiembre de 2009

Sleepy Hollow



Encantame esta pelicula! unha das miñas favoritas de Johnny Deep.Unha pelicula de medo onde un investigador londinense ten que descubrir que hai detras dunhas extrañas mortes nun pequeno puebliño.
Enlace Sleepy Hollow (1999)

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Como conoci a vuestra madre



Outra máis!, resulta que esta temporada o dia grande en Estados Unidos é o luns para a salida dos novos caìtulos, xa que a maior parte dos series se televisan o luns, supoño que para facerse a competencia. Pero bueno a nos danos igual, mentres vaian saindo. E unha das moi esperadas pola miña parte é a magnica serie de humor "How I met you mother" que tamen se etrenou a sua 5º temporada o luns.
A este paso o home vai acabar solteiro, pero non vos preocupedes confirmaron que haberia polo menos duas temporadas mais e que o fin da serie seria no 2012. Asique mentras disfrutemos dela.

Aqui deixo o enlace do primeiro capitiulo en ingles e cos subtitulos. http://www.megaupload.com/?d=VF0IG6YX

Fringe 2º temporada



Por fin se estrenou a segunda temporada desta impresionate serie onde unha axente do FBI traballa con un cun cientifico (con tanta locura como xenialidade) para esclarecer unha amenazante tormenta de fenomenos inexplicables.

Deixo o enlace do primeiro capitulo, está en ingles con subtitulos. http://www.megaupload.com/?d=RO6E1GTN

Ribeira ou Riveira



Xa non me acordaba de subir esta obra de arte da señalización galega. Señores os toponimos en Galicia son en galego!, pero deixemonos de politica, non haberá alguen que se de de conta para cambiala xD.

lunes, 21 de septiembre de 2009

Impresionante!!!

Impresionante a pelicula!, superou con creces todas as miñas espectativas.E máis, inda que resulta ser unha pelicula larga, case duas horas e media, non me enterei do paso do tempo ata que chegaron os creditos. Sen duda a mellor pelicula de Tarantino, na que a sua macabra visión da guerra chega a dar grima nalgunha escena, pero inda asi non eres capaz de deixar de mirar a pantalla. Inda que non ten nada que ver coa historia, seguramante a moitos dos que a viron lle gustaria que asi acontecese. Unha pelicula genial, moi recomendable, bueno non para todos os publicos, xD.

domingo, 20 de septiembre de 2009

Campeóns merecidos



Menudo partidazo da selección española!! dominando dendo o primeiro instante e case dende o segundo cuarto rondando unha diferencia de 20 puntos, e que case chega a 30 no ultimo 4º.
Un partido intenso e con moito espectaculo onde demostrou que son os merecidos campeóns.
Non se pode criticar nada da final, un autentico partidazo.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

Windows.. ese gran cabrón!!

Si señores! digo algo que xa está moi dito, pero é fruto da desesperación que este gran invento me produce. Cando o collias un windows corprativo o unico que facias era queixarte polos grandes fallos que tiña, algun demasiado para unha multinacional que vive deso, asique moitos coma min decidiron provar sistemas modificados por ususarios con coñecementos de programación, que melloraban nun aspecto ou noutro. Pero todo ven sendo o mesmo, vamos que collas cal collas sempre vas ter problemas , cando non é polas putas actualicacións é porque non che permite facer unha simple configuración dunha rede wifii. Danche unahs ganas de mandalo todo a tomar por ...
Pero bueno eche o que hai, haberá que aguantar ata que poida modificar un o meu gusto.

martes, 15 de septiembre de 2009

Esperando a volta

Unha boa recomendación musical, a radio Rock & Gol, emisora que como o seu nome indica emite música, deporte e nada máis que xa chega xD. Ten moi boa música sen apenas interrupcións e cun par de programas que merece a pena escoitalos, en especial de 12 da maña a 2 da tarde, na que toma o mando de Rock&Gol o señor Rafa Escalada (Oldie), con quen tes asegurado sempre duas horas de magniifica música e algo de carallada. Se mirades un pouco por ahí veredes que esta emisora pertence desgraciadamente a Cope, pero tamen hai que dicir que eso solo se sabe se o buscas, xa que nos se fala de politica nin de nada que demostre a ideoloxia desta cadena.
Pois o dito boisima cadena para escoitar boa música e nada maís, jeje.
De momento inda siguen co horario de verán onde os locutores como o Oldie inda non volveron pero eu sigo a espera dese programa que tanto me gusta.Sen máis a dirección para escoitala por internet www. rockandgol.net e a frecuencia para escoitala en Coruña 98.9

domingo, 13 de septiembre de 2009

District 9



Interesante pelicula, se se lle pode chamar asi, xa que case a metade da pelicula é un documental (metade que resulta bastante aburrida e un tanto dificil de ver), pero este pequeno esforzo por vela ten premio, xa que se deixa a un lado a parte documental e metese non que seria máis unha auntentica pelicula.
A historia contada boa parte coma se fora un documental real, trata sobre unha nave extraterrestre que chega a Johannesburgo, non se sabia que esperar, se un ataque ou un gran avance cientifico, pero nada deso sucedeu. A Terra tratou os alienixenas coma se foran refuxiados, obligandoos a vivir en condicions penosas nun ghetto separados dos humanos, o distrito 9.
Pero co paso dos anos a situación se complica e cada vez máis xente pide a sua expulsión da cidade, co que os intentan trasladar a outro lugar máis alexados da población, pero nese intento algo sucede...

Boa pelicula, hai que ter paciencia para aguantar o toston do comenzo, pero o final merece a espera

sábado, 12 de septiembre de 2009

Pechado por comenzo de traballo

Onte, venrres 11, poñian nas portas de todas as facultades "pechado por comenzo do curso escolar".Ole os teus huevos! asique cando os demais empezan a traballar na universidade collen dia libre, si señor! e ademais dino abertamente, hoxe cerramos porque empezan os pequechos, que xa levabamos todo o verán a ter que aguantar deles (no caso dos que teñan fillos pequenos), porque senon a que ven este día libre que se toman? a min que mo expliquen.xDD

lunes, 7 de septiembre de 2009

Unha maniña os belgas



Maravilloso partido da seleccion española que lle endosou un 5 - 0 a Belxica. A superioridade española foi clara en todo momento sen que os belgas causaran perigo ningun. Pero para min mais impresionante foi o ambiente do campo, cun Riazor cheo a revosar, uns 34.600 espectadores alentados polo bo xogo dos internacionais, que non pararon de cantar e animar os xogadores, chegando en moitos momentos os tipicos "oleeee" e incluso cara o temino do partido chegaronse a facer olas polo estadio.
En resumen, unha noite maxica no estadio de Riazor onde bo xogo e aficción brillaron por iguais. Este encontro da mostras de que a selección parece ser ben acollida por estes lares, sen necesidade de que vai a xogar a campos de segunda como leva ocurrindo nos ultimos anos. Tan solo desexar que non volva a tardar outros 14 anos en voltar.
Este partido pudo servir como un ensallo para que Coruña e Riazor sexan unha das sedes para o Mundial 2018, candidatura que presentarón en conxunto España e Portugal.
Asi que esperemos que asi sexa.

viernes, 4 de septiembre de 2009

España en Riazor


A seleccion española de futbol xogará maña, sabado 5 de setembro en Riazor, contra Belxica un partido pola clasificación para o Mundial de Sudafrica 2010.Dende 1995 non xogaba España na Coruña, polo que se agarda unha boa entrada.

miércoles, 2 de septiembre de 2009

Ubuntu 9.04


Para todos aqueles que están cansos de Windows, ou que queren aprender a manexarse nun sistima linux, deixovos a ultima version de Ubuntu, unha das distribución Linux mais faciles de manexar.O archivo é un .iso de 700 mb
http://www.megaupload.com/?d=1S93UBP0
Tamen deixo un curso completo sobre Ubuntu
http://www.megaupload.com/?d=7CPY5MWC
Espero que funcionen ben os enlaces.

lunes, 31 de agosto de 2009

Arma Fatal




Arma fatal, un desafortunado titulo que fai pensar mais nunha tipica pelicula americana con policias fora da ley e que causan mais peligro que protección, pero non é asi.
Trata dun policia, Nicholas Angel, cunhas dotes para a detencion e un asombroso talento para facer cumplir a ley, tanto que pon en ridiculo os seu compañeiros londinenses, o que lle vale para que o manden a un lugar sen crimen que combatir, o pequeno pueblo de Stanford.Onde lle poñen por compañeiro a un fanatico das peliculas de acción que pensa que Nicholas o levará a fama.
Pero ocorren unha serie de estranos acontecementos onde ambos policias terán que levar a xustiza da cidade o pequeno pueblo.


Moi boa pelicula en xeral, mezcla de comedia e acción que logra encandilar o espectador.
http://www.filmaffinity.com/es/film869783.html

A guerra segun Tarantino


Malditos Bastardos



Estreno o 18 de septembro da nova pelicula de Quentin Tarantino, na que un grupo de soldados xudios toma brutales represalias contra o exercito naci.Para mais información deixo o enlace de filmaffinity http://www.filmaffinity.com/es/film746997.html

domingo, 30 de agosto de 2009

Sempre hai un comenzo


Antes de nada boas noites, hoxe dou comenzo a algo que tiña ganas de facer dende xa fai demasiado tempo, e que por vagancia e deixadez sempre acababa por pospoñelo.Pero bueno ahora que me decidín terei que facer que funcione, sen mais recordar o nome do blog dedicado a todos aqueles que como min miramos e criticamos os partidos sen poñernos a xogar, cousa que extrapolamos a moitas facetas da vida.