Habitualmente non asisto a actuacións de pequenos grupos en directo, mais que nada por descoñecemento e algo de vagancia, pero teño que recoñecer que non hai mellor forma de disfrutar da música que en directo.
Esto ultimo quedoume clarisimo despois de asistir a un par de actuacións de grupos locais que se dedican a versionar ou imitar clasicos (e non tanto) do rock, e solo teño unha palabra para describilo ... impresionante!!!! podeste fartar de escoitar o mesmo tema na casa, pero nunca teras esa sensacion que se vive en directo, unha especie de estremecemento que perdura por varias horas e que fai imposible que borres a sonrrisa de parvo da tua cara.
Asique para recordar ese momento tan grato, acabo con unha das cancións que mais me fixo vibrar
domingo, 13 de diciembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario