miércoles, 3 de marzo de 2010

Celda 211

Non fai nin unha semana que vin esta fantastica pelicula adaptada da novela de Francisco Pérez Gandul, e non me deixou para nada indiferente. O contrario, fixome ver que o cine español pode e debe facer cousas que merezcan a pena e que consigan enganchar o espectador.
Inda que despois entereime de que esta impresionante pelicula non foi candidata para mellor pelicula de fala non inglesa nos Oscars, resulta unha burla que non fose a elexida, tendo en conta as outras peliculas que se presentan.

A pelicula Celda 211 trata sobre un funcionario de prisións novato que sufre un incidente no seu primeiro dia, minutos antes de que se desate un motín, os seus compañeiros ante a o risco deixano desmaiado na celda 211, o despertar terase que facer pasar por un preso mais para intentar salvarse.
Unha emocionante pelicula na que se masca a tensión en todo momento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario