martes, 22 de junio de 2010

3 meses despois ...

Abraiante!! case tres meses sen actualizar o blog, está claro que esto non é para min, o polo menos eso é o que parece. Que bloguero que se precie bota máis de unha semana sen actualizar. Pero claro para poder actualizar hai que ter ganas e algo interesante que contar, o das ganas xa se ve que non vou sobrado e de temas interesantes non moito.

Pero mais que nada o meu gran fallo é a constancia, levoo vendo dende fai un tempo, supoño que non solo é cuestión de dicir bos propositos de enmenda, senon levalos acabo, esa é a parte mais dura. Unha ardua tarea que precisa de convicción e de moitas ganas.

Intentarei no verán poñerme o día en certas cousiñas que levo tempo deixando atras, xa sei que sona en plan excusa, pero mellor pensar en facelo que nin sequera plantealo.

Perdoade a este semi bloguero que en epoca de exames daselle por facer reflexións innecesarias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario