martes, 26 de enero de 2010

Dende algun lugar entre circuitos ...

Estimados lectores!! que xa sei que sodes escasos en numero inda que sodes os suficientes para que esto merezca a pena xD

Inmerso me encontro entre teorias de circuitos e demais caralladas imposibles de comprender, e tan só a falta de tres dias para o examen me pregunto, como facemos todos ante un examen cercano, que que carallo estou facendo!!.

Pero bueno son os sentimentos tipicos dos univesitarios, xa sabedes, é o que ten estudiar moitas horas nunha biblioteca chea de xente que cando chegas case non hai nin onde poñerse, que che da a impresión que os demais están ali porque regalan algo, porque sendo realistas, non e logico que todos eses teñan ganas de estudiar!!
Por non falar dos apuntes, que a todos os profesores parecen facilisimos, cousas basicas, vamos que todo está tirado de aprobar, a verdade non sei que maravillosos apuntes teñen eles poque os meus non hai por onde pañalos. Outra mostra é o dolor de espalda que che producen as malditas sillas, mais parecido a estar picando pedra que a estudiar nunha biblioteca.

Vamos esas cousas que nos ocultaron nos folletos da universidade que tanto se notan cando estas dentro, e que tanto tocan as ..., pero eche o que hai! asi que nada de queixarse é a estudar tecnoloxia electronica que como aprobe fago un festón!! xD

jueves, 14 de enero de 2010

Ubuntu 9.10

Xa fai tempo que o conseguin gratis na facultade, pero nunca me acordo de subilo a megaupload. Pero a verdade é que merece a pena a nova versión, moito mais doado de cofigurar e manexar para todos os usuarios, xa teñan experiencia ou non con Linux.
Asique prometo que nuns dias xa o terei subido xD

Pois fareiche caso Vitor que non estamos para traballa o parvo, se alguen lle interesa conseguir o Ubuntu xa sabe ...
http://www.ubuntu.com/getubuntu/download

miércoles, 23 de diciembre de 2009

Feliz Nadal!!!

Bueno xente pois o dito , Feliz Nadal e a pasalo todos moi ben. Boas Festas!!!
Deixovos un villancico moi rockero para que disfrutedes destas datas xD

domingo, 13 de diciembre de 2009

En directo!!

Habitualmente non asisto a actuacións de pequenos grupos en directo, mais que nada por descoñecemento e algo de vagancia, pero teño que recoñecer que non hai mellor forma de disfrutar da música que en directo.

Esto ultimo quedoume clarisimo despois de asistir a un par de actuacións de grupos locais que se dedican a versionar ou imitar clasicos (e non tanto) do rock, e solo teño unha palabra para describilo ... impresionante!!!! podeste fartar de escoitar o mesmo tema na casa, pero nunca teras esa sensacion que se vive en directo, unha especie de estremecemento que perdura por varias horas e que fai imposible que borres a sonrrisa de parvo da tua cara.

Asique para recordar ese momento tan grato, acabo con unha das cancións que mais me fixo vibrar

lunes, 23 de noviembre de 2009

Slash


Falemos deste magnifico guitarrista actualmente integrante do grupo de hard rock Velvet Revolver pero que se consagrou no grupo americano Guns N' Roses. Para o meu gusto un dos mellores guitarristas da historia, está claro que será mellor considerado despois de morto (como lles pasa a todos e todas), pero inda asi case está mitificado nalguns aspectos [disculpade a miña fascinación].
Non so as suas cualidades coa guitarra chaman a atención del, ten un marcado estilo do rock dos 80's, unha enmarañada melena negra que case tapa o seu rostro, un sombreiro de copa calado ata os ollos, un pircing en forma de aro no nariz é o que é mais importate, a sua Gibson Les Paul.
Pero non podemos falar del sen escoitalo un pouco para darnos conta das suas dotes.



E por ultimo unha das mellores cancións de Guns N' Roses que seguramente lle valdra un dos primeiros postos nos mellores guitarristas da historia, "Sweet Child O' Mine" .


sábado, 21 de noviembre de 2009

Mais videos

Como parece que estou inspirado coas versión de grandes cancións (ou non tanto) vou seguir por este camiño, xa que é unha forma de ir poñendo algo no blog que mostre parte dos meus intereses.
E como non a música é un dos que mais me fascinan e mais tempo me ocupan, e por mor do meu incompentente talento musical o unico que me queda é escoitar, eso si, sempre boa música e sen apenas restriccións de estilos [esta claro que as Spice "Girls" non estan entre esa gran variedade (ben sabes de que falo xD)].
E para demostrar que a variedade e grande vou deixar un canción que escoite inda fai pouco e que non coñecia, pero que se en lugar de canción fora novela venderia un huevo! xD.

Como de costubre primeiro orixinal:



E logo a versión chamativa pero de gran calidade:

jueves, 19 de noviembre de 2009

Sigamos con boas versións!!

Pois é aqui outra version dun gran clasico, esta vez dunha canción de Judas Priest, feito por unha grandisima cantante alemana Doro Pesch (como non seguimos con versións de mulleres xD), ahora en solitario, pero foi cantante do grupo de heavy metal Warlock da cidade de Düsseldorf.

Pois a versión en cuestión e o mitico "Breaking The Law", asique para comparar as cancións, inda que son incomparables, o mellor será escoitar as duas. Comenzamos coa orixinal de Judas Priest.


E ahora cantada por Doro Pesch ...